Betanzos aproba en Pleno a renovación de rúas e viarios municipais dentro do Plan Único

1 minutes read

Betanzos aprobou en Pleno extraordinario a súa participación no POS+2022 de cooperación das obras e servizos competencia municipal, así como no Plan Complementario e no POS Social. Nas propostas que Betanzos incluirá en todos estes programas, que serán financiados pola Deputación e o propio Concello, “executaranse proxectos de suma importancia desde o punto de vista das infraestruturas, os equipamentos e servizos”. A maiores do Plan Único, a alcaldesa, María Barral, indicou que tamén se proporán as actuacións a incluír no Plan Complementario 2022 no que se prevén investimentos financeiramente sustentables. Entre elas, figura a mellora da urbanización e renovación de servizos na rúa Doutor Fariña e profesor José Antonio Míguez na que se investirá máis de 409.000 euros.