Betanzos aproba en Pleno, de forma inicial, o primeiro PXOM da súa historia


O Goberno local de Betanzos aprobou esta semana en Pleno o seu primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Agora, unha vez aprobado inicialmente, abrirase un período de información pública durante dous meses, mediante anuncio no taboleiro de edictos do Concello, e no Diario Oficial de Galicia. Ademáis suspenderanse a tramitación e o outorgamento das seguintes licenzas nas áreas afectadas pola aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal que supoñen una transformación do réxime urbanístico vixente. O edil de Urbanismo, Andrés Hermida, indicou que o proxecto é o mesmo no que traballou o goberno local durante o pasado mandato e do que informou aos distintos grupos políticos municipais que tamén achegaron as súas propostas. Dende fai dous meses, o documento está en poder dos grupos políticos polo tanto con tempo suficiente para o seu estudo, ademáis das reunións que se celebraron co equipo redactor onde poideron expoñer calqueira cuestión.