A alcaldesa do Concello de Betanzos, María Barral, presentou esta fin de semana o Festival Pasatempo Betanzos acompañada do representante da produtora do evento, o músico coruñés Gandy. O auditorio do Pasatempo acollerá as actuacións que se desenvolverán ao longo do mes de xullo. O espazo ao aire libre contará con aforo limitado debido á pandemia. Barral destacou na súa intervención a importancia de dar apoio á cultura a través da posta en marcha de eventos como este, que tamén permitirá impulsar a reactivación da economía local.