O goberno local creará unha nova área recreativa na zona da Condesa. Trátase dunha actuación que levará a cabo xunto á Deputación Provincial e que terá como obxectivo a recuperación dunha franxa de zona verde situada entre a urbanización e a Nacional VI.
O obxectivo non é outro que recuperar un espazo que co paso do tempo foise degradando e “que debe de ser aproveitado polos veciños de Betanzos en xeral e os da Condesa en particular, dotándoo de mobiliario urbano e dun espazo acorde para o esparexemento”, segundo explicou a alcaldesa, María Barral.
O proxecto incluirá a limpeza de toda a zona, a retirada e materiais, e a creación dun carreiro peonil. Contará con bancos e mesas, ademais de novas especies arbóreas. Nesa mesma zona, hoxe en día, existen túas, plantadas hai anos, que serán talladas na parte central da parcela. Na zona norte, onde tamén existe este tipo de especie, podaranse para formar un sebe que servirán de pantalla nas inmediacións da N-VI.