Betanzos convoca unha edición especial de Balconadas con motivo do 800 aniversario do traslado da cidade

  • Para esta edición especial establecerase un primeiro premio dotado con 5.000 euros e dous accésits dotados cada un deles con 1.500 euros.

O Concello presentou a edición especial de Balconadas, dentro da programación de actos con motivo do 800 aniversario do traslado da cidade desde Tiobre ao centro histórico. Trátase dunha convocatoria especial que transformará as rúas do centro histórico nun auténtico museo ao aire libre entre o 24 de xullo e o 28 de agosto. A alcaldesa, María Barral, explicou que a diferenza dos certames tradicionais de Balconadas, neste caso a temática que se presente na obra será restrinxida a Betanzos e a súa historia. Cada artista poderá presentar unha soa obra,  con técnica libre, vertical ou horizontal, cunhas medidas mínimas de 120×160 cm e máximas de 150×200 cm.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha