Betanzos destina 100.000 euros a un novo proceso de orzamentos participativos

0 minutes read

O goberno local abrirá un novo proceso de orzamentos participativos a mediados deste mes, concretamente o día 14, para os que se reservará unha partida de 100.000 euros. O obxectivo é a implicación directa da veciñanza no proceso de elaboración dos orzamentos municipais anuais mediante propostas que poderán presentar persoas maiores de 16 anos empadroadas en Betanzos. A presentación de propostas poderá facerse a título individual ou en representación dunha entidade. Cada persoa ou entidade poderá presentar unha proposta. segundo explicou a alcaldesa, María Barral, durante a presentación do proceso.