Betanzos empenderá accións xudiciais contra a concesionaria do hotel San Roque

1 minutes read

A comisión especial de seguimiento do Complexo San Roque reuniuse para valorar a situación do complexo hosteleiro e analizala xunto ao asesor xurídico municipal para coñecer os pasos que se están a dar por parte do Concello. Neste sentido, refrendou o acordo do Pleno, aprobado por PSOE e BNG, coa abstención do PP, de levar a cabo accións xurídicas  para pedir o desafiuzamento por incumprimentos do contrato e por reiterados impagos no aluguer das instalacións do antigo asilo Manuel Naveira. Os incumprimentos tamén atañen as fianzas obrigatorias, e póliza de seguro de responsabilidade civil fronte a terceiros que se esixía contractualmente. Tamén advirte o Concello que  pode existir subarrendo ou cesión do local sen notificación a este Concello que é o arrendador. A comisión voltará reunirse de forma periódica para informar aos grupos dos pasos e avances que se produzan no expediente a nivel municipal.