O Concello de Betanzos entregará o 14 de agosto os premios “ Garelos”, o máximo recoñecemento que concede o Concello cada dous anos a betanceiros ou betanceiras que destacan na súa traxectoria ou ben a nivel individual ou ben a nivel colectivo en cultura, deporte e en comercio e industria. Acto que tería que coincidir co primeiro día das festas patronais que este ano foron suspendidas pola Covid-19.
En Cultura o premio será para a agrupación teatral Mariñán. En Comercio e Industria o recoñecemento será para “Adegas Rivas”. En Deportes, o “ Garelos 2020” será para Daniel Rodríguez Vázquez “Dani Rodríguez”, o futbolista nado en 1988 en Betanzos pertence ao Real Club Deportivo Mallorca co que disputou a liga Santander.
A alcaldesa, María Barral, adiantou a decisión do Concello cos premiados deste ano entre os que haberá un “Garelo especial” para recoñecer, segundo a rexedora, “o labor, o traballo, a dedicación e o afán de colaboración co Concello da asemblea local de Cruz Vermella.