Betanzos entregou o premio Úrsula Meléndez a Carmiña Moar, mestra panadeira


O Concello considerou que Dª Maria del Carmen cumpre con todas as cualidades para o que foi creado este premio, traballo en igualdade, esforzo e mérito como muller que desenrolou en Betanzos ao longo da súa vida; sabendo dirixir o seu negocio sen perder o enxebre e a calidade dos seus inicios. Carmiña do Moar como todos a coñecen en Betanzos sen dúbida alguha é unha muller que soubo liderar un negocio familiar dende nena, e como ben dixo ela; pódese dicir que naceu alí, dando aos veciños betanceiros a posibilidade de poder disfrutar de bo pan e empanadas feitas con boa leña.
63 dos seus 71 anos pasounos traballando e dirixindo o que máis lle gusta facer, elaborar pan, á vez que formou unha familia intregrándoa dentro do negocio sen perder o liderazgo polo que se refiren a ela, de modo cariñoso, como a matriarca. Algo que di moito de ela como muller xa que soubo manter o sabor a pobo nun mundo onde a tecnoloxía facía estragos co tradicional.