Betanzos esíxelle a Educación que priorice as obras de mellora do Vales Villamarín

1 minutes read

O goberno local de Betanzos esixiralle á Consellería de Educación a mellora do colexio Vales Villamarín no que se refire ao segundo bloque do centro “despois de anos de espera”. Para o executivo local e a comunidade escolar os traballos “xa non poden esperar máis tempo”, cando, ademais, “están a efectuarse actuacións noutros centros, non tan antigos como o Vales Villamarín nin con tanto alumnado” segundo indicou a alcaldesa, María Barral.

Barral considera que por parte da Xunta “non se lle está dando ao centro o trato que merece, alongando no tempo unha actuación que desde hai anos tería que ser unha prioridade para o executivo galego”. A pinga que enche o vaso son as constantes filtracións que se producen no patio cuberto por mor dunha obra efectuada pola Xunta que non quedou ben.