Betanzos estuda a oferta do Ministerio para mercar o edificio dos sindicatos

1 minutes read

A alcaldesa, María Barral, avanzou as negociacións co Ministerio de Traballo para conseguir, canto antes, o edificio dos sindicatos para usos municipais. Despois de manter en Madrid unha reunión coa Subsecretaría de Estado do Ministerio de Traballo, Gemma do Rei Almansa, acordouse realizar unha nova taxación do edificio para fixar o prezo final e buscar, a partir de aí, o acordo definitivo.

Neste sentido, o Ministerio acaba de trasladarlle ao Concello o prezo de taxación do inmoble que é duns 284 000 euros. Aínda que se trata dunha cantidade elevada, á que haberá que logo sumar o investimento necesario para recuperar ao 100% o edificio, “trátase dun inmoble que pola súa localización e as posibilidades de uso que ofrece para o Concello consideramos que non se pode renunciar. Ademais, evitaremos así que poida caer en mans privadas nalgún momento”, indicou a alcaldesa.