Betanzos fará unha promoción especial da Feira Medieval, que cumpre 25 anos

1 minutes read

A alcaldesa de Betanzos, María Barral, anunciou que 2024 será o ano da Feira Franca Medieval, que cumprirá 25 anos. “Precisamente, será uns dos aspectos que promocionaremos dende xa, en Fitur, onde presentaremos a imaxe desa celebración para a que prepararemos unha programación especial que poña en valor a feira xa non como referente galego, que xa o é, senón como referente de mercados medievais a nivel nacional. Porque o turismo debe de seguir sendo unha fonte de riqueza da nosa vila, onde o aumento de visitantes é significativo ano tras ano.  A nosa riqueza histórica, o comercio, a gastronomía, a cultura e o patrimonio, son aspectos únicos que temos que seguir promovendo entre os propios betanceiros e betanceiras como entre a xente que nos visita”, concluíu.