Betanzos inicia a última fase de renovación da rúa Pintor Seijo Rubio

1 minutes read

A alcaldesa María Barral, xunto ao concelleiro de Infraestruturas, Diego Fernández, visitou estas obras que a semana que vén entrarán na súa última fase co aglomerado do tramo máis próximo á avenida de Castela para, a continuación facer o mesmo na zona da praza Francisco Blanco. Ao comezo da próxima semana os traballos centraranse na conclusión das beirarrúas. A primeira edil agradeceu a colaboración “dos veciños que tiveron que padecer as incomodidades das obras no día a día para acceder aos seus domicilios. Os veciños, os usuarios dos garaxes e os comercios víronse afectados por estes traballos que, sen dúbida, supoñerán unha mellora significativa deste espazo urbano, no que renovamos todos os servizos”.