Betanzos inicia este mes as obras de recuperación do mercado do centro histórico

1 minutes read

O obxectivo é dispoñer dun novo concepto de mercado, no que a oferta de produtos agrolimentarios; os postos de peixaría ou de carnizaría se mesturen cunha oferta hostaleira e facer do mercado un edificio de referencia nesa recuperación e impulso do centro histórico. Así o explicou a alcaldesa, María Barral, durante a presentación pública do anteproxecto encargado a unha empresa especializada neste tipo de actuacións. “Trátase de dar un paso máis nese obxectivo que temos de impulsar o centro histórico. Por unha banda, coa recuperación de vivendas e a mellora de rúas e viarias; e por outro, con proxectos que sexan tamén motor de actividade”, indicou a primeira edil.