Betanzos lamenta que non se atendan as súas reivindicacións á subida da peaxe da AP-9

1 minutes read

O goberno local lamentou que un ano máis a veciñanza de Betanzos e a comarca teña que padecer unha nova suba das peaxes e non se teñan en conta as súas peticións á hora de liberalizar o tramo entre A Coruña e a comarca de Betanzos nas peaxes de Macenda e Guísamo, segundo explicou a alcaldesa, María Barral.

A proposta de Betanzos, referendada no seu día polo Consorcio das Mariñas e nas últimas semanas polo Concello de Cambre, foi trasladada á Xunta para que o goberno autonómico e o do Estado negociasen coa concesionaria, “como fixeron no seu momento non sur de Galicia, e liberalicen, como mínimo, estas peaxes nos desprazamentos de regreso”. Sobre esa proposta, que o goberno local pretende recuperar e na que insistirá novamente, non houbo ningunha resposta positiva.

O goberno local considera que a N-VI, a pesar dalgunhas melloras, polas súas características non é un viario que poida soportar nestes momentos “a densidade de tráfico que soporta”  a diario, e que aumentou ano tras ano, debido, especialmente, á suba de tarifas da autoestrada.

O Concello afirma que é necesario  que se adopten medidas para que parte do tráfico que ten a N-VI poida ter outra alternativa nos seus desprazamentos á capital herculina durante todo o ano a través da AP-9 tanto desde Macenda como desde Guísamo, e evitar así retencións e accidentes.