Betanzos | Os Caneiros e Globo coinciden o mesmo día como hai 55 anos


Este xoves, día 18, un dos seus días grandes das festas: a primeira xira o os Caneiros á que, de forma excepcional, este ano engádeselle o lanzamento do Globo de papel máis grande do mundo. O aprazamento do lanzamento na noite do día 16 foi motivada pola choiva.

O feito de coincidir o mesmo día Caneiros e Globo derivará nun reforzo dos dispositivos de seguridade. Mantendo o plan previsto en Os Caneiros, a alcaldesa, María Barral mantivo conversacións coa Subdelegada do Goberno, María Rivas, para manter un dispositivo especial durante o Globo. Así, aos reforzos que se realizarán desde a Policía Local; Protección Civil, que duplicará efectivos con presenza de voluntarios doutras agrupacións da comarca; sumarase a Garda Civil para velar que todo transcorra con normalidade.