Betanzos pechou de novo o campo de Os Caneiros

Os Servizos municipais pecharon de novo os accesos ao campo de Os  Caneiros. Policía Local e Garda Civil velou polo cumprimento de medidas de seguridade establecidas nas normativas pola  Covid 19. A pesar da suspensión da xira, os axentes estiveron nos camiños de acceso ao campo de Os Caneiros. A decisión do Concello de non celebrar as xiras nin o lanzamento do Globo tómase por “razóns de seguridade pola Covid-19 e a imposibilidade de celebrar eventos que xeren aglomeracións ou concentracións de persoas”. Reiterou que foi unha decisión difícil “pero cremos que responsable porque a seguridade das persoas está por encima de calquera outra cuestión”, declaran.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha