O goberno local pretende que a Xunta mellore a seguridade vial, despois de anos de espera, a estrada AC-542 que une Betanzos con Abegondo, en diferentes tramos. Neste sentido, propuxo ao Pleno a adopción de diversos acordos para dirixirse á administración autonómica.
Entre eles, pedirlle que proceda a a considerar o tramo da AC-542 PK 4,1 ao PK 4,8 en Guiliade, como travesía e, en consecuencia, limitar a velocidade de circulación permitida a 50 km/h en lugar dos 70 km/h que figura na actualidade.
Trátase dun núcleo no que se atopan 43 parcelas, das cales 23 contan con acceso de vehículos e no cal se deron varios accidentes graves, tendo ademais en conta que esta vía entróncase coa estrada provincial DP-0810 e polo tanto o Concello considera necesario reducir a velocidade.