Betanzos renova o parque de xogos infantís do Vales Villamarín

1 minutes read

O Concello ultima a renovación do parque de xogos infantís do colexio Vales Villamarín, unhas obras nas que se investirán uns 40.000 euros e que suporán a instalación de xogos e a renovación do pavimento con caucho corrido. Trátase dunha actuación que o Concello de Betanzos consideraba prioritaria para dada o estado de deterioración no que se atopaba o anterior parque, especialmente canto a pavimento polo desgaste do paso do tempo.

Os traballos concluirán nos próximos días. Instalaranse varias randeeiras, unha estrutura de xogos e reporase o valado do areeiro. Na zona de caucho tamén foron deseñados diversos xogos para buscar a participación dos máis pequenos e pequenas aproveitando que están situados nas zonas cubertas dos accesos ás aulas.

Estas obras completan outras levadas a cabo na zona coa creación de varios hortos urbanos que serán utilizados polo alumnado do colexio durante o curso.