O Concello acaba de esixirlle ás persoas propietarias dun inmoble situado na esquina das rúas Sombreireiros 2 e a rúa Travesa 16 a execución, nun máximo de 48 horas, dos traballos incluídos na orde de execución remitida polo persoal técnico municipal para estabilizar o inmoble e evitar a caída de elementos sobre a vía pública. No caso contrario, o Concello realizará as obras. O concelleiro de Urbanismo e Casco Histórico, Diego Fernández, explicou que aínda que a intención das persoas propietarias era “executar os traballos requiridos para apontoar a vivenda, a demora nestes fixo que a situación do edificio empeorase e que haxa que actuar de forma urxente sobre este”. Por esta razón, o Concello acordoou o acceso á rúa Sombreireiros desde a rúa Travesa. O edil indicou que o requirimento municipal forma parte do traballo que se está realizando por parte dos servizos técnicos municipais canto a seguimento e vixilancia de inmobles que están en malas condicións de conservación e sobre os que pesan ordes de execución.
33