Betanzos sacará en breve a contratación as obras de reconstrución do Convento das Donas


Considerada a edificación máis antiga de Betanzos una vez recibida a autorización de Patrimonio e logo da aprobación por parte do Pleno da Deputación do proxecto, o Concello ponse mans á obra. A actuación alcanzará os 349.952 euros, cunha achega municipal de 205.765 euros. Con este proxecto intentarase “devolverlle vida a unha peza singular, o dereito a ser usado e entendido como espazo público de uso”, segundo explica a alcaldesa, María Barral. A proposta técnica ten como obxectivo conseguir un espazo que sexa referencia e lembrará, non polo seu tamaño, senón por devolverlle ese valor de referencia, o que no momento da súa construción representou na contorna e para a xente daquela época. Un espazo que dote de carácter ao conxunto sen alterar o volume e o revalorice. Os usos que a actuación proxecta para este inmoble están en relación coa poboación da contorna, adaptada ás súas necesidades. Contémplase a creación de espazos onde as actividades de lecer, estudo, exposición e convivencia, colectivas en xeral, se poidan desenvolver. O programa tradúcese na creación dun centro sociocultural, con dúas salas de uso múltiple.