Betanzos substitúe máis dun milleiro de luminarias por tecnoloxía led


Trátase dunha nova fase dentro da renovación de todo o sistema público de luminarias que leva a cabo o goberno local. En total será un investimento, nesta fase, de máis dun millón de euros, do que a Unión Europea achegará o 80%, é dicir, uns 830.000 euros, e o resto o Concello e que inclúe  actuacións de renovación das instalacións de iluminación e sinalización pública exterior para mellorar a súa eficiencia enerxética e a consecuente redución das emisións de dióxido de carbono. A actuación principal consiste na substitución de 1033 luminarias convencionais por outras con tecnoloxía led.