Betanzos suspende por segundo ano consecutivo a Feira Medieval

Foto.- Cedida. DOMINGO 14 de xullo BETANZOS 12-13-14-xullo-2019

O  Concello de Betanzos decidiu suspender a celebración da Feira Franca Medieval deste ano prevista para o próximo mes de xullo. As condicións da Covid non serán as propicias para organizar un evento tal como se coñece, con casetas nas rúas do centro histórico e a presenza de miles de persoas. Aínda que se creasen corredores de ida e volta, as características e superficie das rúas da zona antiga fan que sexa materialmente imposible manter a distancia social e evitar aglomeracións.

Por esta razón, o Concello considera que por responsabilidade e mentres non melloren as circunstancias a mellor decisión “é suspender por segundo ano consecutivo a feira do mesmo xeito que, desafortunadamente, se suspenderon outros eventos non só en Galicia senón noutras comunidades nos que, como en Betanzos, poderían congregar nun espazo moi limitado a miles de persoas”.