Betanzos toma medidas polo ascenso de positivos en covid

O brote de coronavirus xurdido no concello de Betanzos ascendeu este xoves a nove positivos, ao se confirmaren tres novos casos entre as 75 probas PCR realizadas no municipio o pasado mércores.

O concello comezou a tomar medidas e suspendeu a feira mensual que se celebra cada día 16. Outra medida foi instalar unha carpa no centro de saúde para realizar tests. Ademais destas 75 probas, fixéronse 900 tests na área sanitaria da Coruña, informou en declaracións aos xornalistas o xerente da área, Luis Verde.

A orixe pode que sexa importada e teña que ver co brote de Lleida, pois dous dos contaxiados estiveran nesa provincia. Polo momento, tratan de controlar o contaxio poñendo en corentena todos os contactos dos casos positivos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha