Concello, subdelegación do Goberno, Policía Local, Garda Civil e Protección Civil celebraron unha Xunta de Seguridade para analizar diversos aspectos para os próximos dias, tendo en conta que, como o pasado ano, pola situación pandemia, non haberá lanzamento do globo nin as xiras de Os Caneiros. A suspensión das xiras por parte do Concello conlevará ao peche do campo e que tampouco se poña en marcha o dispositivo de seguridade nin no río nin en terra e, por tanto, non haxa presenza de sanitarios nin de Protección Civil nin Cruz Vermella.
Haberá vixilancia, por tanto, da Garda Civil no campo de Os Caneiros, para evitar o acceso á leira, que o Concello manteraa pechada. A Benemérita e a policía local tamén serán estritos á hora de esixir o cumprimento das medidas de seguridade, é dicir, distancia social e uso de máscara a aquelas persoas que, a pesar de todo, decidan trasladarse ata Os Caneiros, tanto ás que o fagan en embarcacións como a pé. Tamén se vixiará que as embarcacións que ese día naveguen polo río cumpran coas normativas de aforo, xa que a navegación seguirá estando permitida.