Betanzos verá garantido o abastecemento de auga grazas á mellora da potabilizadora

Foto: Moncho Fuentes.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou que neste ano os veciños de Betanzos verán mellorado e garantido o abastecemento de auga, logo dun investimento de 1,3 millóns de euros. Concretou que os traballos que se están a acometer consisten na mellora da planta potabilizadora, que capta a auga do río Mendo e doutros mananciais, e que está a operar ao límite da súa capacidade. Coas obras solucionaranse as deficiencias de funcionamento que causan episodios de turbiez reiterados, xerando molestias e preocupacións aos cidadáns do municipio. As obras permitirán máis que duplicar a capacidade de tratamento da planta de auga potable, garantindo o seu abastecemento en cantidade e calidade, e reducindo así o risco de desabastecemento. A actuación inclúe, ademais, a modernización e automatización da xestión da planta e a urbanización da parcela onde están as instalacións.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha