Betanzos vive a xira dos Caneiros

1 minutes read

Betanzos vive un dos días grandes das súas festas coa primeira xira dos Caneiros. A navegación fluvial forma parte da singularidade da festa. Unha festa que se vive tamén a bordo das embarcacións engalanadas para a ocasión. A navegación fluvial forma parte da singularidade dos Caneiros, un dos días grandes da Cidade os Cabaleiros e este ano máis que nunca. E así o expresaza a alcaldesa María Barral ao sinalar que «por fin chegou. Amais, o tempo acompaña e estamos desexando chegar ao Campo dos Caneiros que, polo que me din, semella que hai moita xente». E no campo impera a convivencia interxeracional dunha tradición que atrae a centos de persoas tamén de concellos da comarca. Nin a chuvia das últimas horas da tarde puido coas ganas de festa. Dentro dunha semana máis coa segunda xira dos Caneiros. Será o vindeiro venres.