O goberno local, a Garda Civil, Policía Local e Protección Civil volveron manter unha xornada de traballo para fixar o plan de actuación os días 18 e 25 de agosto tendo en conta que o goberno local anunciou a suspensión das festas e, por extensión, do lanzamento do globo e as xiras a os Caneiros.
A suspensión das xiras por parte do Concello pola Covid-19 conlevará ao peche do campo e que tampouco se poña en marcha o dispositivo de seguridade nin no río nin en terra e, por tanto, non haxa presenza de sanitarios nin de Protección Civil nin Cruz Vermella.
Por esta razón, os corpos de seguridade velarán porque se tomen as medidas de seguridade establecidas nas normativas pola Covid 19. Así, na reunión establecéronse dispositivos de Policía Local e da Garda Civil que estarán nos camiños de acceso ao campo de Os Caneiros.
Os primeiros no termo municipal de Betanzos e os segundos en Coirós. Estes axentes advertirán ás persoas que, a pesar da suspensión das xiras, desprácense camiñando ata Os Caneiros, que a parcela municipal permanecerá pechada e velarán polo cumprimento das normativas.