O pasado mes de setembro, Microsoft anunciou a compra de Bethesda por 7.500 millóns de dólares. Pero unha operación tan importante non se pode pechar de forma privada. As autoridades antimonopolio de Estados Unidos e a Unión Europea debían dar o visto e prace. Tras estudar o caso estes meses, agora a Unión Europea aprobou a operación, ao non supoñer unha ameaza para a libre competencia, pois existen outros «actores poderosos», no mercado dos videoxogos, segundo o informe. Estados Unidos xa aceptou hai tempo. Microsoft faise así con estudos tan importantes como a propia Bethesda e as súas adquicións: ide, Arkane, MachineGames, e Tango Gameworks. Estas compañías crearon algunhas das sagas máis importantes da historia dos videoxogos, incluíndo as sagas de Doom, Skyrim, Fallout, Dishonored, Wolfenstein, e outros moitos. Agora que Microsoft é dono de todas elas, moitos gamers pregúntanse que ocorrerá coas futuras versións para PS4 e PS5 dos xogos de Bethesda.