BiciCoruña funciona de novo ao 100%

0 minutes read

O concello restablece o horario habitual de BiciCoruña, de 07.30 a 22.30 h. Deste xeito, o servizo pasa a funcionar ao 100%, dada a boa acollida desde a súa reapertura o pasado 23 de abril e para fomentar a mobilidade máis sostible e saudable. A atención telefónica para usuarios (900 814 440) estará operativa de luns a sábados de 07.30 a 20.30 horas.