O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, prometeu este martes que Ucraína «nunca» será unha vitoria para Rusia e denunciou as atrocidades cometidas polas forzas armadas rusas durante a guerra. Así empezou o seu esperado discurso deste martes en Varsovia dando as grazas a Polonia e encomiando a Kiev, que «segue en pé» un ano despois do inicio da invasión rusa, cuxo aniversario se cumpre o 24 deste mes. Un discurso pronunciado ante centos de persoas nos xardíns do antigo castelo real de Varsovia. Entre o público había cidadáns polacos e refuxiados ucraínos, quen pese ao frío e levar horas esperando ondeaban con alegría pequenas bandeiras dos seus países e dos Estados Unidos mentres escoitaban a Biden.