O presidente de Estados Unidos, Joe Biden, ademais de doar diñeiro e material de guerra prohibiu atracar no seu país a calquera embarcación de bandeira rusa ou que estivese vinculada a Rusia: «Anuncio outros 800 millóns de dólares para aumentar a capacidade de Ucraína para loitar no leste, na rexión de Donbas. Este paquete inclúe armas de artillería pesada, ducias de obuses e 144.000 subministracións de munición para eses obuses. Tamén inclúe máis drons tácticos», dixo Biden. Doutra banda, mostrouse disposto a acoller a un maior número de refuxiados. O mandatario comprometeuse a acelerar os trámites para os ucraínos que decidan ir a Estados Unidos. «Vai ser un sistema rápido e sinxelo. Imos seguir apoiando a Ucraína», dixo.
29