O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, anunciou este martes, tras recalcar que o presidente ruso esta violando a lei internacional «flagrantemente» que autorizou a transferencia de soldados estadounidenses aos países bálticos -Lituania, Estonia e Letonia-, en resposta aos movementos de Rusia en Ucraína. «Non temos intención de loitar contra Rusia», aclarou Biden nunha breve declaración desde a Casa Branca, despois de que Moscova recoñecese a independencia das repúblicas separatistas de Donetsk e Lugansk, no leste de Ucraína, e autorizase o envío de tropas rusas ao Donbás. Tamén anunciou a imposición da primeira rolda de sancións económicas contra Rusia, co obxectivo de illar a Moscova do sistema financeiro occidental.
40