Biden chama á «unidade» no vixésimo aniversario do 11S

O presidente de EE.UU chama á unidade no vixésimo aniversario do 11S. Joe Biden pediu aos estadounidenses que loiten contra «as forzas máis escuras da natureza humana» desatadas tras os atentados do 11S: «O medo, a ira, o resentimento e a violencia contra os musulmáns estadounidenses». O presidente preferiu expresarse nun discurso en vídeo, de máis de 6 minutos, no que recalcou que nos días que seguiron aos atentados do 11 de setembro de 2001, Estados Unidos «viu algo que é demasiado pouco común: un verdadeiro sentido de unidade nacional». Tamén recoñeceu que o país foi testemuña de «as forzas máis escuras da natureza humana: o medo e a ira, o resentimento e a violencia contra os estadounidenses musulmáns, os verdadeiros e fieis seguidores dunha relixión pacífica».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha