Biden derrota a Trump e será o novo presidente de Estados Unidos


O líder demócrata, Joe Biden, gañou a carreira pola Casa Branca a Donald Trump, segundo anunciaron os medios estadounidenses. Unha vitoria que marca un punto de inflexión histórico para a gran nación norteamericana e para o mundo, tras catro anos de presidencia do político republicano. Despois de catro días de suspense, o candidato Biden e exvicepresidente de Barack Obama obtivo a vitoria con 273 electores, grazas ao seu éxito no Estado clave de Pensilvania. Biden converterase no 46º presidente de Estados Unidos.