35
Joe Biden cre que o seu homólogo ruso Vladimir Putin é un asasino. O presidente estadounidense ameazou ademais con «facerlle pagar un prezo» polas consecuencias da inxerencia rusa nas eleccións do ano pasado en Estados Unidos. Nunha entrevista na cadea ABC preguntáronlle por esas consecuencias que, di, «pronto se verán», despois de que un informe de intelixencia desclasificado por Estados Unidos concluíse que o presidente ruso estaba probablemente detrás dos intentos de influír a favor do expresidente Donald Trump.