Biden e Putin rebaixan a tensión na crise de Ucraína

Reunión telemática de Biden e Putin en busca dunha saída á crise de Ucraína. Ante a ameaza dunha invasión rusa, Biden pediu a desescalada e o retorno das tropas rusas ás súas bases. Mentres que Putin trata de impedir calquera ampliación da OTAN e deter as actividades militares occidentais preto das fronteiras rusas.

Por vía telefónica, Yuri Ushakov asesor de Exteriores do presidente Putin asegura que: «Rusia actuará exactamente igual que faría EE.UU. se houbese un despregamento de armas preto das súas fronteiras. No actual contexto de escalada militar, prosegue Ushakov, o presidente Biden ameazou con sancións económicas e financeiras, Rusia considérao un erro colosal que carrexaría graves consecuencias» concluíu Yuri Ushakov, asesor de asuntos exteriores do presidente ruso Vladímir Putin.

A Casa Branca, polo seu lado, advirte de graves sancións e aposta pola vía diplomática que só será posible nun contexto de desescalada. O presidente ucraíno, Volodymyr Zelensky, que vistaba o 6 de decembro a zona en conflito na region de Donesk, subliñou nun tweet que recibiu garantías do total apoio estadounidense para contrarrestar un ataque ruso.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha