Biden promete a Zelenski 500 millóns de dólares máis de axuda a Ucraína


A iso comprometeuse o presidente estadounidense, Joe Biden, nunha conversación co seu homólogo ucraíno, Volodímir Zelenski, sen especificar se será axuda militar ou humanitaria. Nun tweet, Zelenski dixo que ambos avaliaron a situación no campo de batalla e na mesa de negociacións. E falaron sobre apoio defensivo específico, un novo paquete de sancións reforzadas, axuda macrofinanciera e humanitaria.

De intensificar as sancións falou o primeiro ministro británico, Boris Johnson, na Cámara dos Comúns, sinalando que non deben levantarse ata que todas as tropas de Moscova abandonasen Ucraína.

Menos contundente foi o xefe da diplomacia europea. Josep Borrell reafirmou ao seu homólogo ucraíno o apoio da Unión Europea (UE).