O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, estivo na illa hawaiana de Maui, devastada polos incendios que deixaron 114 mortos e centos de desaparecidos, e prometeu axuda aos sobreviventes. Ademais, avaliou a resposta das axencias gobernamentais ao que foi o incendio forestal máis mortífero do país no último século.
A resposta inicial do mandatario aos incendios forestais de Maui xerou críticas a principios deste mes, principalmente dos republicanos, que aproveitaron un período de silencio de case cinco días entre os primeiros comentarios de Biden sobre os incendios e a seguinte vez que abordou publicamente a traxedia.
Biden, por iso, aproveitou a ocasión para valorar o “liderado” das autoridades ao lume, á vez que lamentou a impresión “da devastación abafadora”. Tamén defendeu a súa actuación remarcando que “tan pronto como” recibiu a solicitude do gobernador asinou o documento que declara o desastre maior que mobilizou a resposta de todo o Goberno, coa participación da Garda Costeira e a Armada.