Bielorrusia acorda con Putin a súa entrada na guerra contra Ucraína

O presidente de Bielorrusia Alexander Lukhasenho ameaza a Ucraína e desprega tropas xunto a Rusia. Asegurou que era a súa resposta ao que definiu como «unha clara ameaza para Bielorrusia por parte de Kiev e os seus patrocinadores en Occidente». Na súa reunión cos responsables das forza armadas bielorrusas Lukashenko mostrouse disposto á escalada: «A miña resposta a isto é fácil: dicídelle ao presidente de Ucraína e aos outros tolos, se aínda están alí, que o que pasou na ponte de Crimea pareceralles unha broma, se tocan tan só un metro do noso territorio coas súas sucias mans».
Lukasenko engadiu que Ucraína está a planear ataques contras Bielorrusia. Os comentarios de Lukashenko, quen detenta o poder en Bielorrusia desde 1994, indican unha posible escalada adicional da guerra en Ucraína. A opción máis probable é a entrada en combate dunha forza conxunta combinada ruso-bielorrusa no norte de Ucraína. Lukashenko dixo que acordara con Putin despregar un grupo militar rexional e que comezara a seleccionar efectivos para a ocasión.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha