Ao redor de 150.000 persoas marcharon en Minsk, do mesmo xeito que en ocasións previas, sen a autorización do concello. Segundo a policía, houbo polo menos 250 detencións. Nalgúns casos por levar bandeiras prohibidas ou pancartas con insultos ás autoridades. Os manifestantes dirixíronse á residencia de Alexandr Lukashenko, que foi fortemente blindada. Os reclamos seguen sendo os mesmos: a renuncia do presidente, a repetición das eleccións que lle deron como gañador o pasado mes de agosto e a liberación dos presos políticos, entre os que está a carismática María Kolésnikova. Está previsto un encontro entre Lukashenko e Vladímir Putin, que lle prometeu axuda do Kremlin no caso de que a necesite. A Unión Europea e Estados Unidos xa anunciaron sancións, tras o dous mil detencións desde o inicio das protestas e as denuncias de torturas. Os analistas consideran que o xiro cara a Moscova de Lukashenko pódelle servir ao Kremlin para que Bielorrusia quede definitivamente dentro da súa área de influencia.
0