Bielorrusia comprará armamento a Rusia por máis de mil millóns


Nunha faceta máis do achegamento entre ambos os países, o presidente bielorruso Alexandr Lukashenko, anunciou que o seu país comprará a Moscova armamento e vehículos por valor de máis de mil millóns de dólares. E xustificou os exercicios militares que ambos están a realizar alegando a actitude agresiva da OTAN. Occidente, en especial os seus veciños Polonia e Lituania, expresaron a súa preocupación. O exército polaco empezou as súas propias manobras con 4.000 militares e mil vehículos baixo o nome de ‘Lince 21’. Precisamente, o ministro de defensa polaco mencionou a política agresiva do Kremlin como transfondo da operación militar.