Bielorrusia denuncia unha conspiración internacional


O presidente bielorruso Alexandr Lukashenko reaccionou ao embargo de material e mercancia de Occidente ao seu país con detencións de opositores e controis fronteirizos. Acusa de conspiración a Lituania, Polonia, Estados Unidos, Ucraína e Alemaña. Asegurou que o seu país está sometido a «unha evidente presión económica e política», e buscou implicar a Moscova nas tensións entre Bruxelas e Minsk. A represión policial pasa agora por ser unha defensa fronte a un suposto levantamento interno con grupos dormentes á espera.

Para Lukashenko: «O obxectivo destas células é o cambio de réxime pola forza o día D… Eles mesmos ata o de agora non saben cando chegará ese día D… E entón, tentarán levar ao noso pobo, ao noso país a un levantamento. Os coordinadores son Lituania, Polonia, Estados Unidos, Ucraína e Alemaña».
Franak Viač orka, asesor da opositora exiliada Sviatlana Tsikhanouskaya cualifica de «tolemia» a operación dos servizos secretos bielorrusos e a acusación de Lukasenko a Alemaña que entende non é máis que un pretexto para reprimir aos diplomáticos.

O réxime de Lukasenko provocou de novo a indignación internacional ao enviar un avión de combate en maio para interceptar un avión no que viaxaba o xornalista disidente Roman Protasevich e a súa noiva. Ambos seguen detidos. A última reacción de Lukashenko, no poder desde 1994, prodúcese despois de que Occidente sancionase a sectores crave da economía bielorrusa.