BioCultura A Coruña volveu a ser un éxito

1 minutes read

A 4.ª edición de BioCultura A Coruña, que se celebrou durante esta pasada fin de semana en EXPOCoruña, saldouse, de novo, cun notable éxito, tanto de expositor como de público. Preto de 14.000 visitantes encheron os corredores da feira, as salas de actividades e todos os espazos do recinto feiral.

A atractiva mestura da oferta, protagonizada principalmente polo sector ecolóxico máis o ecoturismo, volveu a dar uns resultados máis que notables. Ángeles Parra, directora da feira, dixo: “En Galicia hai moito respecto polo sector ecolóxico. E o ecoturismo chama a atención de visitantes foráneos e autóctonos atraídos por unha natureza excelsa e un patrimonio cultural e gastronómico de excepción. É a combinación perfecta”.

Parra tamén sinala que “como xa ocorreu noutras edicións de BioCultura A Coruña, as institucións galegas envorcáronse no apoio e isto permitiu que puidésemos contar con máis enerxías, aproveitar sinerxías, rendibilizar recursos… en pos dunha oferta para o expositor e para o público máis dinámica, completa e eficaz”.