«Birds are Indie» e «Sonlosgrillos» actuarán no Curruncho Pop en Carballo

Desde Coimbra chegan ao CurrunchoPop Birds Are Indie, o trío formado por Joana, Jerónimo e Henrique. A banda portuguesa factura un pop folk orgánico e delicado, de aires acústicos e arranxos preciosistas. Cun claro espírito intimista, beben do pouso amargo que transmiten formacións como Low o Tindersticks, aínda que a miúdo se deixan levar a territorios moito máis alegres, no camiño de Papas Fritas ou mesmo os escoceses The Pastels, especialmente nas súas actuacións en directo. A cita, o sábado 16 de marzo, 20:30 horas, Biblioteca Rego da Balsa.

O concerto completarase coa actuación dos valencianos Sonlosgrillos, dúo formado pola vocalista Marta Rodríguez e o músico Mauricio Mora que nos agasallarán cun folk psicodélico de belísima factura. ‘Garden Of Clouds’ (2018) é o seu terceiro disco desde o seu debut homónimo en 2010.

Sonlosgrillos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha