«Blame the Boogie», o novo single de Dj Frisco & Marcos Peón, conquista o mundo

«Blame the Boogie», o novo single dos galegos Dj Frisco e Marcos Peón xunto á alemá Martina Budde chegou ao posto número 32 dos tracks máis vendidos de Funky House en Beatport, o maior portal de venda de descargas dixitais de música electrónica. En tan só 6 días situouse como un dos lanzamentos máis importantes dentro do Funky House a nivel Mundial, alcanzando incluso o posto número 4 en Itunes México na sección de música electrónica. No país azteca, a pasada semana, tamén lograban o posto número 5 de música electrónica con «So Excited» e o número 16 de música con «Hard Work for Money» en música dance de Itunes.

O sadense Dj Frisco e os lucense Marcos Peón colaboran de novo coa raíña do Jackin House, Martina Budde. Neste novo lanzamento, volven apostar polos sons oitenteros con bases e sons actuais que tan bo resultado están a dar nas pistas de baile máis selectas. Nesta ocasión a formación hispano alemá, fixeron unha versión do mítico «Blame It On the Boogie» de The Jacksons. É a cuarta colaboración entre os djs e produtores galegos coa artista de proxección internacional Martina Budde, e non será a última, xa que xa están en marcha co próximo traballo de estudo. Actualmente , outra das súas colaboracións, «Hard Work for Money», ocupa o posto número uno da lista de éxitos internacionais de Conexión Dance Radio.

Coas súas últimas producións, Taibo e Peón, lograron situarse dentro do “circuíto” House mundial e as súas cancións foron incluídas en Charts e Listas de éxitos de países como Estados Unidos, España, México, Colombia, Reino Unido, Italia, Alemaña, Francia ou Canadá. Ademais recibiron o apoio nas súas producións de artistas internacionais da talla de Joachim Garraud, Djs From Mars, Leandro da Silva, Nicola Fasano ou Silvio Carrano.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha