Blanca Paloma representará a España en Eurovisión 2023 coa canción «Eaea», unha homenaxe ás súas raíces, ao flamenco e á súa avoa Carmen. Despois de tentalo o ano pasado con «Secreto de agua», canción orixinal de ‘Lucía en la telaraña’, a cantante e compositora conseguiu a vitoria cunha canción que enxalza o legado de amor transferido de xeración en xeración. O tema co que participará en Liverpool recibíu un total de 169 puntos (94 por parte do xurado profesional, 35 por parte do xurado demoscópico e 40 por parte dos espectadores). A proposta da ilicitana, cargada de simbolismo e emotividade, fusiona a bulería, o pau flamenco por excelencia, coa nana dunha forma moi bela e fascinante.