O deputado de Promoción Económica, Blas García lembrou que a Deputación destina 18.000 euros á Confraría de Lira cunha subvención para a creación e o mantemento dos postos de traballo no sector pesqueiro local de Carnota.
García, acompañado do alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido, explicou que estas axudas «permiten ás confrarías pagar os salarios dos seus traballadores», apuntou o deputado durante a degustación dos produtos da Reserva Mariña dos Miñarzos e que estivo organizada polo Concello e a Confraría de Lira.
O deputado asegurou en Lira que este ano a Deputación «concedeu máis de 460.000 euros, e aspiramos desde a área de Promoción Económica a incrementar esta cantidade, xa que o presidente, Valentín González Formoso, é consciente da importancia que ten para a economía da provincia e de Galicia un sector como o da pesca e o marisqueo», indicou.
34