BM Culleredo vs Calvo Xiria. Un derbi que sempre leva moita historia detrás, este sábado ás 20:00 horas

Este sábado 18 de outubro ás 20:00 h, no Pavillón Municipal de Tarrío, celébrase un dos encontros máis esperados da Primeira Estatal: BM Culleredo vs Calvo Xiria. Un derbi que sempre leva moita historia detrás, no que ambos equipos se coñecen ben.

O Xiria chega con dúas derrotas nas últimas xornadas, nas que amosou carácter, intensidade e capacidade de reviravolta, agora buscan que todos estos efectivos se vexan reflexados no resultado. O equipo verdinegro quere trasladar esa forza ao deseño táctico defensivo e, sobre todo, deberá de manterse firme nos momentos clave fóra de casa.

Culleredo, pola súa banda, é un club cunha afección que vive cada vitoria como un triunfo colectivo. En Tarrío intentará sacar proveito do factor cancha, apretar dende atrás e explotar os detalles que xorden nos momentos de desequilibrio. Ademáis conta cunha motivación extra tras a última vitoria pola mínima en Bueu.

Agárdase un choque físico, con xogo rápido, presións constantes e transicións. O Xiria quere puntuar nesta xornada e o Culleredo que continuar o seu bo facer da xornada anterior, polo que se agarda un derbi emocionante e con moito ritmo.

Antes deste partido de 1º Estatal, ás 18:00h tamén no pavillón de Tarrío, os veteráns do Xiria enfrontaranse nun amistoso aos veteráns do Balonmán Culleredo, un partido no que desfrutar das lendas de ambos equipos e quentar motores para a tarde de balonmán.

Related posts

O Calvo Xiria recibe este sábado ao Lirón Teucro 80 Aniversario

O Club Salvamento Acuático Laracha arrasou no V Campionato Galego de Distancias Curtas

O mellor trial de Galicia fixo vibrar o monte Faro de Vimianzo por segundo ano consecutivo