Bm Tejina La Laguna, próximo rival do Calvo Xiria

Un dos rivais directos do Calvo Xiria esta tempada chega ao Vila de Noia, para xogar o sábado ás 20:00 horas. Un Bm Tejina La Laguna que incrementou o potencial e a calidade do persoal con respecto á tempada pasada pero que tivo que lidar cun inicio de liga complexo nunha fase de axuste dos seus xogadores.
O Calvo Xiria pola súa banda espera recuperar algúns efectivos para este partido, xa que a semana pasada tivo ata 3 baixas. Rökkvi non poderá ser da partida; mentres David García e Carlos Guisasola esperan estar recuperados para afrontar a que será a primeira final da tempada. E é que así afronta o choque o Calvo Xiria, coa máxima esixencia, ante un Bm Tejina necesitado de puntos; para non descolgarse da cabeza da táboa.
O Xiria deberá superar a férrea defensa 6:0 dos visitantes ampliando o campo o máximo posible e dando velocidade na fase do xogo ofensivo.
A afección será un xogador fundamental para este enfrontamento.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha